España: Case 20.000 euros na Costa da Morte con «Ler Conta Moito»
España/Galicia/25 julio 2020/Autor: Carballo/Fuente: http://www.lavozdegalicia.es
Catorce concellos da zona resultaron beneficiarios destas axudas da Xunta de Galicia para bibliotecas
Practicamente todos os concellos da Costa da Morte, coa excepción de Fisterra e Ponteceso, resultaron estar entre os 180 beneficiarios de axudas a entidades locais coas que a Xunta de Galicia facilita a programación de actividades de dinamización de lectura nas bibliotecas e axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, ao amparo do programa Ler Conta Moito. Segundo a resolución publicada onte no Diario Oficial de Galicia, as aportacións aprobadas permitirán chegar a 277 bibliotecas.
A inversión global para este fin é de 200.000 euros. As entidades locais beneficiarias programarán un mínimo de dúas actividades do catálogo Ler Conta Moito 2020. A cantidade total que chega para catorce concellos desta comarca é de 19.757 euros. Cabana, Camariñas, Cee, Corcubión, Coristanco, Laxe, Malpica, Muxía e Vimianzo reciben cada un deles 859 euros para a súa correspondente biblioteca municipal. As cifras son maiores nas seguintes vilas: Carballo (1.718 euros, para a biblioteca municipal e a Rego da Balsa); Cerceda (1.718, para a de Cerceda e para a de A Silva), Dumbría (4.295 euros, para as axencias de lectura de Lucín-Olveira, Buxantes, Berdeogas, Dumbría e O Ézaro), A Laracha (2.577 euros, para a biblioteca de A Laracha e as axencias de lectura de Caión e Paiosaco) e Zas (1.718 euros, para a biblioteca de Zas e a axencia de lectura de Baio). Os máis pequenos poderán, en definitiva, gozar de diferentes propostas que, sen esquecer o formato lúdico, incitaraos a ler e a embarcarse en numerosas aventuras.
Fuente de la noticia:
Fuente de la imagen:
Categorías