Galicia: Os alumnos do Santo Ángel axeitan as zonas verdes do centro

Galicia/www.lavozdegalicia.es/15/04/2021/Por J. G. Sobrado

 

Os escolares teñen unha horta con leituga e pementos

É probable que a moitas persoas, o feito de teren que sementar unha planta no minguante e non no crecente, lles soe a superstición rara. Pero a estreita relación entre as fases lunares e a sementeira ten moito máis de fundamento que de simple crenza. Grazas ás explicacións do seu profesor Ricardo, os alumnos de sexto de primaria do colexio Santo Ángel da capital ourensá xa non se sorprenden por algo así.

Na horta figuran agora leitugas, pementos, pirixel e xirasoles, pero para chegar a isto, os rapaces tiveron que aprender máis cousas que o calendario de sementar. Tamén tiveron que, ademais de coller e utilizar por primeira vez na súa vida un sacho ou un angazo, aprender os nomes e utilidades destas ferramentas tan importantes nos traballos da terra.

Os alumnos, di o mestre, van á horta a facer este tipo de actividades unha media de dúas veces por mes e, aínda que se tivesen que facelo a diario, asegura o mestre, quizais non estarían tan contentos, «están desexando baixar continuamente»

 

 

 

Fuente de la información e imagen:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2021/04/13/span-langglos-alumnos-do-santo-angel-axeitan-as-zonas-verdesspan/0003_202104O13C4995.htm

 

 

 

Deja un comentario

Galicia: Os alumnos do Santo Ángel axeitan as zonas verdes do centro – Sarraute Educación María Magdalena

A %d blogueros les gusta esto: